Conceptos Fundamentais de Moeda, Banca e o Patrón Ouro

Tipos de Moeda

Moeda Fiduciaria

Baséase na fe ou confianza da comunidade, acéptase por un valor maior ao seu valor metálico. É aceptada pola confianza en que serve para obter bens e servizos polo seu valor facial coma se dunha moeda real se tratase. Pode ser metálica, papel, tarxeta de crédito… Ex.: euro, dólar, libra.

Moeda Real

É aquela que contén o valor que representa. Ex.: ouro, prata, metais preciosos en xeral.

Factores para a Emisión Centralizada de Moeda

  • A existencia de bancos máis seguros.
  • A escaseza de moedas.
  • A concesión dos bancos centrais do monopolio de emisión e, con ela, a garantía da convertibilidade dos billetes por parte do Estado.

Reserva Fraccional

A idea de reserva fraccional consiste en que un banco ten dereito a prestar o diñeiro dos seus clientes ao mesmo tempo que ten a obriga de devolvelo de forma inmediata no momento en que sexa reclamado. Denomínase reserva fraccional porque o banco está obrigado legalmente a manter unicamente unha porcentaxe do seu diñeiro en efectivo, coñecido como coeficiente de caixa, para pagar aos clientes que desexen retiralo.

Creación de Diñeiro Bancario

  • O diñeiro utilizado nas transaccións: transferencias e créditos.
  • As contas correntes.
  • Crecemento do diñeiro bancario.
  • Crecemento dos depósitos.
  • Creación de diñeiro.

Características do Comercio Histórico

  • As mercadorías cómpranse por encargo.
  • Confíase nos transportistas.
  • Págase mediante transferencias, xeralmente letras de pagamento.

Definición de Letra de Cambio

Foi a principal forma de pagamento a distancia e de traslado de capitais ata o establecemento das transferencias mediante ordenadores, na época recente. Xa desde a Idade Media tiñan establecido o sistema de pagamento mediante letras e no s. XVIII estendeuse ás colonias americanas. O crecemento e a complexidade dos intercambios no século XIX esixiu unha organización moito máis perfeccionada. Xurdiu así unha rede xerarquizada de prazas financeiras, con centro en Londres, que permitía cobrar unha letra xirada desde calquera lugar do mundo a calquera outro.

Dentro do sistema monetario internacional de pagamentos de patrón ouro, a letra de cambio era o instrumento idóneo para facilitar os pagamentos e cobros coa maior rapidez e o menor custo posibles.

Mecanismos de Axuste no Patrón Ouro

De acordo coa teoría do patrón ouro, ¿cales eran os mecanismos primarios e secundarios de axuste ou equilibrio?

  • Primarios: A maior ou menor taxa de desconto aplicada á cotización das letras de cambio.
  • Secundarios (se o primario resultaba insuficiente):
    • A saída de ouro para proceder ao pagamento do déficit entre os países.
    • A variación do tipo de xuro.

Efectos dunha Subida dos Tipos de Xuro no Patrón Ouro

Ten un dobre efecto sobre as reservas de ouro:

  • Por unha banda, atrae ouro nacional e estranxeiro en busca dunha remuneración máis alta.
  • Por outra, reduce a oferta e a demanda de crédito e, polo tanto, o diñeiro bancario.
    • Reduce a oferta porque os bancos non dispoñen do ouro que depositaron no banco central para conceder crédito.
    • Reduce a demanda tamén porque o crédito é máis caro.

A contrapartida é tamén a diminución da actividade económica e a deflación.

Factores de Equilibrio do Patrón Ouro no Século XIX

¿Que factores favoreceron o equilibrio e funcionamento harmónico do patrón ouro durante o século XIX?

  • Era unha época de crecemento económico e comercial.
  • Había facilidade de conseguir crédito a longo prazo.
  • Existía unha boa disposición das autoridades monetarias para colaborar entre elas.
  • A confianza no Banco de Inglaterra de que tiña capacidade de defender a paridade da libra.
  • Como importaba máis que exportaba, o ouro non se acumulaba en Inglaterra; tiña que pagar con el.

Beneficios Desiguais do Patrón Ouro: Centro vs. Periferia

¿Por que a estabilidade que daba o patrón ouro beneficiaba en maior medida aos países centrais (máis desenvolvidos) que aos da periferia (máis atrasados)?

Beneficiaba máis aos países centrais porque a situación dos países periféricos era máis insegura:

  • Por unha banda, porque moitos deles non dispoñían de bancos centrais ou porque os seus sistemas bancarios inspiraban pouca confianza.
  • Por outra banda, porque non lles chegaba con tanta facilidade a axuda dos bancos centrais dos países europeos.
  • Tamén porque as súas exportacións, baseadas en produtos primarios, sufrían grandes flutuacións que afectaban á súa balanza de pagamentos e, polo tanto, ás reservas, e poñían en perigo a convertibilidade da súa moeda.

Por máis que o investimento internacional de capitais puidese atenuar esta situación, facíao de modo desigual e carrexaba un nivel de endebedamento crecente destes países.

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer contenidos y publicidad de interés. Al continuar con la navegación entendemos que acepta el uso de cookies. Aceptar Más información