Organización y estructura escolar: definiciones y funciones
Definiciónes, organización
– Estrutura organizativa:
corresponde á organización formal que se establece na escolá, carácterízase pola estabilidade e a continuidade no tempo e que fai desempeñar unhas función independientemente das carácterísticas persoais dos seus integrantes. Poden ser máis ou menos participativas, máis ou menos ríxidas, máis ou menos xerarquizadas…
– Infraestructura:
el concepto de infraestructura comprende unha gama de instalacións e equipamentos de diversa natureza co obxectivo de dar soporte aos esforzos de desenrolo cuantitativo e cualitativo.
–
Relacións formáis:
Son aquelas relación que se establecen dentro da estructura organizativa do centro, realianse de forma reglada, soen ser entre profesor e alumno, entre director e alumno, etc. Un exemplo pode ser á hora de que o docente lle resolva unha dúbida sobre un traballo ao alumno.
–
Relacións informáis:
estas relación xorden de maneira espontánea e ao marxen das estructuras; amizades e/ou antagonismos entre persoas, alonxamentos e/ou acercaments entre grupos, identificación dunhas persoas con outras… Este tipo de relación entre un alumno e o seu profesor podería darse cando se atopan na rúa, fóra do horario lectivo ou a relación de amizade que existe entre os alumnos.
–
Micropolítica:
As relación micropolíticas, desenroladas,xeralmente, no plano do informal e con frecuencia implícito. A través delas poñense en xogo diferentes intereses e capacidade de poder e influencia nos acontecementos organizativos. A presencia de conflitos, pactos máis ou menos explícitos, dinámicas de control, negociacións, loitas, utilización de estratexias por parte de individuos ou grupos no centro escolar para conseguir que os seus intereses pasen a formar parte da vida organizativa, son algunhas das manifestacións da vida micropolítica dos centros escolares.
–
Clima relacional:
Dentro deste clima relacional manifestanse os patrones relacionáis que se desenrolan na organización e que afecta más dinámicas de traballo entre os membros do centro, así como ao seu grao de satisfacción, o seu nivel de cohesión, de participación, de conflitos, etc. Clima que exista na aula, no centro…en canto as relacións entre individuos e grupos.
–
Contorno inmediato:
Ao entorno mediato do centro corresponden os individuos e organización coas que se relaciona directamente, a administración e burocracia administrativa, as organización de apoio, os país e nais, os grupos de presión da comunidade, etc.
–
Contorno mediato:
os centros escolares non son alleos nin quedan ao marxen das forzás económicas, políticas, sociais e culturáis da sociedad da que forman parte, das institucións gubernamentais coas súas expectativas olíticas, da estrutura de valores sociais, os sindicatos, o grao de escasez ou abundancia de recursos nacionais, bens e servizos, benestar social, etc.
–
Xerarquización:
o poder establécese e exércese de maneira escasamente participativa. As decisión tómanse de maneira unilateral, as normas se establecen de forma verticalizada, os espazos distribúense en aras da racionalidade senon do poder.
–
Balcanización:
trátase dun mecanismo que rompe a colexialidad. Cada un está na organización constituindo o seu reino de taifas. Os fins compartidos desaparecen ou se escurecen baixo a forzá que adquiren os fins particulares. Todo na organización ponse ao servicio deste mecanismo: os espazos, os tempos, os medios…
–
Rutinización:
cando se turinizan as prácticas profesionais é difícil preguntarse polo seu sentido e eficacia. A inercia é o cancro das organización.
–
Desarticulación:
a escolá é unha institución débilmente articulada. Os mecanismos de coordinación vertical son débiles. Dous profesores da mesma asignatura poden impartir a súa docencia sen coordinar os contidos, as metodoloxías ou a forma de avaliación. Os mecanismos de coordinación horizontal son tamén pouco consistentes. Os profesores que entran nun curso poden ter plantexamentos completamente diferentes respecto ao aprendizaxe ou á avaliación del mesmo.
–
Burocratización:
cando os cambios se burocratizan perden toda a súa potencia transformadora. Me refiro aos cambios cualitativos, non meramente técnicos. Se a mellora da avalación consiste en rechear casilleiros cada vez máis abundantes e complexos non estamos afrontando a cuestión fundamental do sentido e da finalidade da avaliación.
–
Centralización
A falta de autonomía dos centros entraña serias dificultades para adaptar as liñas maestras dunhas prescripcións que requiren adaptación a uns contextos sempre peculiares.
–
Descentralización:
pode entenderse como proceso ou como forma de funcionamento dunha organización. Traspaso de competenceias e servizos da Administración central a corporacións locais ou rexionais.
–
Celularismo:
práctica educativa individualista, que é un obstáculo importante para a innovación. Que cada quen tome na aula as decisión que estime oportunas.
–
Cultura escolar/organizativa
Estaría constituida por un conxunto de teorías, ideas, principios, normas, pautas, inercias, hábitos e prácticas sedimentadas ao longo do tempo en forma de tradicións, regularidades e reglas de xogo non postas en entredito, e compartidas polos seus actores, no seno das institucións educativas.
–
Consenso:
é un acordó entre dúas ou máis persoas en torno a un tema. Non implica un consentimento activo de cada un, senon máis ben unha aceptación no sentido de no-negación.
–
Ambigüidade
Posibilidade de que algo poida entenderse de varios modos ou de que admita distintas interpretacións.
–
Intereses
Conveniencia ou beneficio na orde material ou moral
–
Poder:
a forzá do mandato que posúen os altos cargos das admnistracións educativas e que exercen nas institucións educativas.
–
Conflito:
situación entre dous ou máis persoas con intereses contrapostos que entran en confrontación.
–
Negociación:
proceso polo cal as partes interesadas resolven conflitos, buscan vantaxes individuáis e colectivas, procuran obter resultados que sirvan aos seus intereses mutuos. Contémplase xeralmente como unha foma de resolución alternativa de conflitos ou situación que impliquen acción multilateral.
-Participación:
valor básico para a formación de cidadáns autónomos, libres, responsables e comprometidos cos principios e valores da Constitución. As administración educativas fomentarán a participación do alumnado, profesorado, familias e persoal de administración e servizos en asuntos educativos.
–
Autonomía:
capacidade de tomar decisións sen intervención allea. Tendo un bo desenrolo mental e psicolóxico son carácterísticas fundamentáis para ter un bo criterio de decisións.
–
Universalización da educación:
que todo o mundo teña oportunidade de recibir unha educación, o que significa que exista unha ampla rede de centros públicos con oferta suficiente para todos.
–
Equidade:
igualdade de oportunidades, non discriminación
-Consello escolar:
está composto por o director do centro, o xefe de estudos, un concelleiro, un número de profesores elixidos polo claustro, un número de país e nais e de alumnos, un representante do persoal de administración e servizos e o secretario do centro.
–
Claustro
Órgano de participación de todo los profesores que prestan servicios docentes no centro onde se atopen. O equipo directivo é o encargado de convocar o claustro facendoo por escrito incluindo na orde do día os asuntos que se tratarán na posterior reuníón.
–
Comisión económica:
integrada polo director, un membro do profesorado, un pai ou titor do alumnado e o secreatrio do centro, que deberá reunirse unha vez cada trimestre.
– Comisión de convivencia
Estará formada polo director, un profesor, un pai ou titor do alumnado e o xefe de estudos.
–
Observatorio de convivencia escolar
Ten como fins analizar e proponer actuacións de investigación, prevención e intervención en relación coa mellora do clima escolar, así como ser o canle de participación de todos os sectores con responsabilidades no tema de convivencia. Estará constituido pola persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Universitaria, as persoas titulares das restantes dirección xerais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a persoa titular da Secretaría Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, etc.
-Delegados de grupo e de curso:
xuntos forman a xunta de delegados. Son os representantes dos alumnos que formarán parte do consello escolar.
–
Asociación de país e nais:
é unha asociación formada polos país e nais dos alumnos do centro que se encargarán de supervisar as actividades extraescolares e que formarán parte do consello escolar representando aos país dos alumnos.
–
Equipo docente de etapa, ciclo, curso ou grupo:
composto por todos os docentes que imparten clase e está dirixido por un coordinador proposto polo equipo de ciclo e elixido polo director. Órganos básicos de ecargados de organizar e desenvolver as ensinanzas propias do ciclo.
–
Departamento didáctico:
órgano baseado nos principios de traballo en equipo, encargados de organizar e desenvolver as ensinanzas propias das áreas, materias ou módulos profesionais correspondentes, e as actividades que se lles encomenden.
–
Comisión de coordinación pedagóxica:
está formada polo director, xefe de estudos, coordinadores de ciclo, profesor de apoio. Se reunirán mensualmente e Terán unha sesíón extraordinaria ao comezo e ao final de curso. Terá que establecer un calendario para a análise dos proxector curriculares, proponer criterios para elaborar os proxector curriculares, velar pola correcta elaboración destes proxectos,etc.
–
Titor ou titora:
cada grupo de alumnos terá un titor ou titora designado polo director ou xefe de estudos. Terá función como: coñecer as situación familiares dos alumnos, facer un seguimento do ensino-aprendizaxe, coordinar as adptacións curriculares, elaborar a memoria de fin de curso.
–
Departamento de orientación:
estará formado por funcionarios de carreira psicolóxica ou pedagóxica, o xefe de departamento e o titor/a. Funcións: valorar as necesidades educativas, particiar na elaboración dos proxectos educativos do centro, coordinar o profesorado.
–
Coordinación da atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:
estará desempeñada polo profesor de apoio. Terá que colaborar co xefe de estudos, coa comisión de coordinación pedagóxica na elaboración do plan de adptación curricular, orientar os país sobre aspectos que conciernan aos fillos.
–
Coordinación da formación en centros de traballo:
centros públicos integrados nos que se impartan dous ou máis ciclos formativos. Será asinado polo director ou xefe de estudos. Encargarase das relación coas institucións empresariais e de controlar e supervisar as actividades levadas a cabo. O mandato será de 4 anos e cesará ao final deses ou cando ocorran unha serie de circunstancias.
–
Equipo de dinamización da lingua galega:
está composto por un profesor de cada ciclo nomeado polo director. Potenciar o uso da lingua galega e o coñecemento da nosa cultura.
–
Equipo de actividades complementarias e extraescolares:
promover, organizar e facilitar este tipo de actividades. Estará integrado polo xefe do mesmo e, para cada actividade concreta, polos profesores que participen na mesma. Da súa man está manter as relacións do centro co entorno máis cercano e con outras institucións e comunidades.
–
Comisión de redacción do proxecto lingüístico:
formarán parte dela os xefes dos departamentos de linguas e o coordinador do equipo de dinamización da lingua galega.
–
Comisión de escolarización:
inspector de educación, un director dun centro público, un representante do concello, dous representantes das nais e país, dous representantes do profesorado e unha funcionario/a designado/a polo delegado provincial. Funcións: informar sobre os centros docentes públicos e privados concertados e sobre as prazas disponibles neles; supervisar o proceso de admisión de alumnado e o cumprimento das normas que o regulan, propoñendo, aos delegados ou delegadas provinciais da consellería, a adopción das medidas que consideren adecuadas; distribuír aqueles alumnos/as que non obteñan posto escolar no centro solicitado entre os centros que contén prazas vacantes.
–
Coordinación de avaliación de diagnóstico do centro:
está composta por un director do centro. Un xefe de estudos, un xefe do departamento de orientación e un titor de cada un dos niveis que se avalían.
– Comisión de escolarización:
é un órgano de gobernó que se encarga de informar aos país, nais ou titores legáis do alumno e a este sobre os centros docentes públicos e privados concertados sobre as prazas dispoñibles neles, así como supervisar o proceso de admisión do alumnado e o cumprimento das normas. Tamén debe distribuíra a aqueles alumnos/as que non obteñan posto escolar no centro solicitado
.
-Comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico:
composta por un director/ra do centro, que a presidirá un xefe/a de estudos, un xefe/a do departamento de orientación se se da o caso e un titor de cada un dos niveis que se avalían, estarán nomeadas pola dirección do cento.
– Comisión de selección da dirección:
formada por un inspector/ra, tres profesores/as elixidos polo claustro de profesores, tres membros do consello escolar . A súa función é comprobar que os aspirantes reúnen os requisitos establecidos. Tamén valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante.
– Comisión provincial de comedores escolares:
constitúese en cada provincia , esta composto polos delegado provincial da consellería como presidente, o secretario da delegación, o xefe do servizo provincial de inspección, un director ou directora do centro que conté con comedor, tres representantes das asociacións de nais e país de alumnos. Reunirase dous días ao ano de forma ordinaria, unha en setembro para analizar as necesidades específicas de cada comedor escolar e distribuír o fondo complementario en función das mesmas, e outro para verificar a xestión económica dos comedores escolares da provincia correspondente.
– Proxecto educativo:
é un instrumento de planificación que define as notas de identidade do centro, concreta as intencións educativas e serve para darlles sentido e orientación ás actividades do centro.
- Elaborado polo equipo directivo.
- Aprobado e avaliado polo consello escolar.
– Proxecto lector:
É a recopilación das intervencións que se van a realizar para o fomento da escritura e da lectura.
– Regulamento de Réxime Interno:
É a norma que se outorga a si mesmo cada centro escolar para establecer a organización e funcionamento que lle permita desenvolver o PEC.
- Elaborado polo equipo directivo.
- Aprobado polo consello escolar.
– Proxecto Curricular de Centro:
É o instrumento de planificación da acción educativa que ten como finalidade a concreción das intencións educativas do centro; adaptación, desenvolvemento e contextualización do deseño curricular. Está formado polos proxectos curriculares correspondentes a cada unha das etapas que se imparten no centro.
- A CCP supervisará a elaboración e responsabilizarase da redacción.
- Aprobado polo claustro.
– Plan xeral anual:
Recolle os obxectivos específicos do centro para o curso académico, medidas para conseguilo e recursos para levalo a cabo.
– Programación Xeral Anual:
Recolle todos os aspectos relativos á organización e funcionamento do centro en base ao establecido polo estado, así como polas regulacións que determine a administración educativa.
- Elaborada polo equipo directivo.
– Documento de Organización del Centro:
Inclúe a estrutura orgánica, a estatística de principio de curso e a situación das instalacións e o equipamento.
– Plan anual de Actividades para a Potenciación do uso da lingua galega:
Recolle a relación temporalizada das actividades programadas para o curso nas que se concretan os obxectivos previstos tanto no plan xeral para o uso do idioma como para o plan específico para potenciar a realidade galega como parte do PCC.
– Programación anual de actividades complementarias e extraescolares:
Inclúe os aspectos económicos, as actividades complementarias, as actividades extraescolares e a participación do alumnado (que será de carácter voluntario).
– Programación anual de formación do profesorado:
elaborado polo xefe de estudos, tendo en conta as propostas dos departamentos o equipo de ciclo. Recollerá: horario, secuenciación, accións específicas e participantes.
– Proxecto de orzamento do centro:
o secretario (administrador) elabora o anteproxecto de presuposto e o proxecto é aprobado polo consello escolar. Recolle as aportacións da consellería, as que prevéñen obter e os recursos complementarios.
-Plan anual de lectura:
A súa finalidade consiste en lograr que os alumnos e as alumnas sexan lectores e lectoras competentes, entendendo por tal que sexan capaces de ler con precisión e rapidez, que desenvolvan a habilidade para comprender, reflexionar e interactuar cos textos e que se atopen motivados pola la lectura por mero pracer ou porque a recoñecen como un medio óptimo para o aprendizaxe.
– Plan de introducíón das tecnoloxías da información e da comunicación:
Competencia dixital que permita buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento.
– Plan de convivencia:
A súa finalidade é regular as normas básicas de convivencia e a participación directa das familias como o resto da comunidade educativa.
-Plan de Acción Titorial:
conxunto de accións de orientación persoal, académica e profesional, deseñada polos mestres coa colaboración dos alumnos e da comunidade educativa, baseándose nas súas necesidades.
– Programación de actividades e tarefas:
A programación de aula será realizada polo profesorado, na que se establecerán os obxectivos didácticos, as unidades de contido, a temporalización, as estratexias didácticas, as actividades e os recursos e criterios de avaliación.
-Programación didáctica:
é un fenómeno mediante o cal os educadores dos diferentes niveis programan ou organizan a didáctica do proceso de ensinanza-aprendizaxe. A programación didáctica é xustamente poñer de maneira ordenada e significativa os coñecementos, as tarefas e actividades a realizar, os obxectivos a cumprir, os recursos a usar e outros datos. Todos eles en conxunto permiten ter una visión máis clara do proceso de ensinanza e analizar de mellor modo os resultados a medida que estés se vaian obtendo.
–
Réxime económico:
– Réxime administrativo:
-Memoria anual:
Documento elaborado no propio centro polos seus órganos de gobernó, de coordinación e participación e que serven para ordenar e regrar a vida e funcionamento interno do centro e melloralos.
– Ratio:
Relación de alumnado por profesor e aula.
– Liderado:
O termo liderado non pode definirse sen referencia aos valores que promové.
Aceptar ser liderados significa:
1. Recoñecer certa desorientación e necesidade de axuda
2. Manifestar apertura a outras persoas e ideas
3. Admitir que a colaboración incide positivamente no traballo, na resolución de problemas…
O liderado educativo debe exercerse desde:
1. A colaboración
2. A reciprocidade de papéis
3. O exemplo
Exercer o liderado educativo supón, máis que adquirir habilidades técnicas, establecer unha relación dentro dun contexto humano e institucional que teña en conta as expectativas e tradicións do centro, o modelo de xestión, a cultura profesional docente,. Este exercicio é máis probable que se dea nun contexto de traballo colaborativo.
– Proactividade (proactivo):
Persoa responsable, que toma a iniciativa, que elixe os propios actos, actitudes e estados de ánimo, que non culpa aos demais das súas equivocacións, que fai o correcto incluso cando ninguén o está mirando.
– Sinerxia:
valorar as calidades dos demais e aprender delas, manter boas relacións cos demais, incluso cos que son diferentes, traballar ben en grupo, aceptar as ideas dos demais para resolver problemas, ser humilde.
– Coordinación mecánico‐xerárquica:
Desde unha perspectiva organizativa, a coordinación pode ser mecánico-xerárquica , é dicir, imposta desde fora como instrumento de xestión para facer os horarios, ditar as notas, elaborar documentos, etc. Existe xerarquía entre os membros do grupo.
– Coordinación orgánico‐horizontal:
Desde unha perspectiva organizativa, a coordinación pode ser orgánico-horizontal, é dicir, xorde dende dentro, negociada, instrumento de formación e intercambio profesional. Os integrantes do grupo están no mesmo rango.
– Avaliación diagnóstica:
Tipo de estudo realizado en determinados cursos de distintas etapas educativas. Están centradas só en determinadas áreas e consideran os resultados como criterio de calidade sen ter en conta outras variables.
– Estudos mostráis
Modalidade de avaliación diagnóstica que se realiza a través de avaliacións externas co fin de facer un diagnóstico do sistema educativo.
– Estudos censáis:
Modalidade de avaliación diagnóstica na que se avalía a todo o alumnado a través de avaliacións internas e o seu propósito é elaborar actuacións e plans de mellora dirixidos a alumnado, aulas e centros. Esta avaliación faise desde fináis do curso 2008/2009 sobre as seguintes competencias básicas: de comunicación lingüística, de matemáticas, de coñecemento e interacción co mundo físico e social e cidadá. Nela colaboraran o Instituto de Avaliación do Ministerio de Educación e os servizos correspondentes das Comunidades Autónomas.
– Alta inspección:
O RD1330/1997 crea as áreas funcionáis da Alta Inspección integradas nas correspondentes Delegacións do Gobernó (una en cada capital de provincia). é un órgano do Estado que ten unha dobre dependencia: orgánica e funcional. Orgánicamente está integrada no Ministerio de administración públicas, a través da Delegación do Gobernó da Comunidade Autónoma, mentres que funcionalmente depende do Ministerio de Educación, baixo a Subdirección Xeral da Alta Inspección.
– Inspección educativa:
A inspección da educación en España está regulada pola LOE. A Inspección de Educación actúa sobre o conxunto do sistema educativo, có fin de velar polo cumprimento das leis, garantir dereitos e a observancia dos deberes de cantos participan nos procesos de ensino-aprendizaxe e contribuír a mellora do sistema educativo, en calidade e equidade educativa.
– Consello escolar do estado:
É o órgano de participación del sector educativo. Desenvolvé tamén unha labor consultiva, de asesoramento e proposta ao Gobernó en relación cos distintos aspectos do sistema educativo. Os seus integrantes ditaminan os proxectos de normas en materia educativa, que teñan que ser aprobados polo Parlamento, o Gobernó ou polo titular del Ministerio de Educación. Así mesmo, aprobá para cada curso escolar o informe sobre o estado e situación do sistema educativo, onde se inclúen as propostas de mellora da educación que alcancen o respaldo seus membros.
-Consello escolar da comunidade autónoma:
Está regulado por leis propias de cada comunidade autónoma. É o órgano de participación no control e xestión do centro dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa.